Para facer a súa visita debe cumprir as medidas preventivas contra a COVID-19.
O arquipélago de Ons, fronte á ría de Pontevedra, Está formado por dúas illas; Ons, a máis grande e aínda poboada, e Onza, máis pequena e toda ela zona de reserva.
Ten costa de cantís de suave caída e con numerosas furnas como a do Buraco do Inferno, e areais sobre todo na costa leste, entre os cales destacan a praia e as dunas de Melide.
É característica de Ons a plataforma rochosa que a rodea formando uns fondos mariños de pouca profundidade e de gran riqueza.
Ademais dos seus valores naturais a illa de Ons destaca polo seu interés etnografico e cultural xa que contou cunha importante poboación illán que tivo que adapatarse a unha vida no medio do mar.
Para máis información, descarque o folleto de Ons facendo clic aquí.
Pode acceder á sección de Biblioteca para a consulta e descarga de máis folletos e recursos das Illas.
Semana Santa, e do 15 de maio ao 15 de setembro
As empresas de transporte que realizan estes servizos adoitan ter base nos portos de Bueu, Sanxenxo e Portonovo. Cada tempada estas empresas establecen as súas rutas e horarios polo que é recomendable consultalos previamente para achegarse ás illas nestas datas.
O límite de visitantes diarios para o arquipélago de Ons na tempada alta é de 1.300 persoas diarias, polo que é necesario dispor de autorización previa da Xunta de Galicia no momento de mercar o billete á navieira. Acceda á sección de autorizacións do portal para consultar a información.
Resto do ano
Só se pode visitar Ons en grupo organizado con guía polo que os visitantes deben contactar coas navieiras autorizadas que organizan os grupos de visita. A cota máxima de visitantes por día nesta tempada é de 250-450 persoas. O/a guía debe ir identificado/a como acreditado/a polo Parque Nacional, e non pode ir con máis de 25 persoas no grupo.
Pódese facer a visita calquera día do ano pero é preciso contar cos permisos de navegación e fondeo expedidos polo Parque Nacional. O formulario para solicitar o permiso de navegación pódese descargar nesta páxina web no apartado de autorizacións e nel aparece indicada tamén a documentación que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumprimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax as oficinas do Parque Nacional.
Unha vez obtido o permiso de navegación poderá solicitar telemáticamente os permisos de fondeo para aqueles días que desexe fondear nas illas.
O límite diario neste arquipélago e de 60-70 fondeos/día repartidas en dúas zonas (Castelo e Melide) nas augas do Parque.
Cree o mapa interactivo cos aspectos que máis lle interese, tendo en conta que so pode camiñar polas rutas indicadas en cor.
Tamén pode descargar o pdf co mapa e información de rutas e puntos de interese facendo clic aquí.
Servicio Regular / Grupos e visitas educativas
Nome | Teléfono | Fax | Web | |
---|---|---|---|---|
NABIA (ILLA DE ONS) | +34 986 320 048 | +34 986 430 416 | www.piratasdenabia.com | comercial [at] piratasdenabia.com |
CRUCEROS RÍAS BAIXAS | +34 986 731 343 | +34 986 731 343 | www.crucerosriasbaixas.com | info [at] crucerosriasbaixas.com |
NAVIERA MAR DE ONS, S.L. | +34 986 225 272 | - | www.mardeons.es | info [at] mardeons.com |
CRUCEROS DO ULLA | +34 986 731 818 / +34 608 089 458 | +34 986 733 543 | www.crucerosdoulla.com | info [at] crucerosdoulla.com |
Nome | Teléfono | Fax | Web | |
---|---|---|---|---|
RUTAS RIAS BAIXAS | +34 609 359 141 | - | www.rutasriasbaixas.com | info [at] taximar-riasbaixas.com |
CHARTER TERRANOVA | +34 620 220 855 | - | www.charterterranova.com | info [at] charterterranova.com |
CRUCEROS PELEGRIN (MONROA S.L.) | +34 608 182 274 | - | www.crucerospelegrin.com | info [at] crucerospelegrin.com |
AMARE TURISMO NAUTICO | +34 650 410 323 - 322 | - | www.amareturismonautico.com | info [at] amareturismonautico.com |
ALVAMAR | +34 653 516 969 | - | www.alvamarnautica.com | info [at] alvamarnautica.com |
MAR DE AGUIÑO | +34 981 841 454 | - | www.mardeaguiño.es | mardeaguino [at] hotmail.com |
OCEANIC AROUSA TOURS | +34 648 458 116 | - | www.oceanicarousa.com | oceanicarousa [at] gmail.com |
SAILWAY, S.L. | +34 986 442 351 | +34 986 442 353 | www.sailway.es | info [at] sailway.es |