Programa educativo

Centro de Visitantes Parque Nacional

A conservación deste espazo é tarefa de toda a sociedade, velaí a importancia do seu coñecemento e a súa posta en valor.

Dende o Parque Nacional consideramos prioritario achegar os seus valores ó público escolar, especialmente a aqueles da contorna máis próxima a estes arquipélagos.

Con este fin, o equipo de Uso Público do Parque Nacional ten deseñado actividades didácticas dende  os ciclos de Infantil ata Secundaria, Bacharelato e Formación profesional, que describimos a continuación e nas que lles convidamos a participar.

Para participar debe cubrirse a Solicitude de actividades didácticas do Parque Nacional

Actividades didácticas

Título Para quen? De que queremos falarvos? Como o imos facer?
MARTIÑO, O CORVO MARIÑO Para 6º curso de E. Infantil e 1º curso de E. Primaria Das paisaxes das illas do Parque Nacional.
Da vida mariña e terrestre das illas e as especies presentes en cada unha.
Do corvo mariño cristado, especie en perigo.
Realizaranse diversas dinámicas participativas:
  • Os amigos de Martiño: xogo sobre as especies que habitan as illas.
  • Onde vive Martiño?: amosaranse as paisaxes das illas.
  • A vida de Martiño: contaconto sobre a vida dun corvo mariño.
AS ILLAS: PEZA A PEZA Para 2º e 3º de E. Primaria

Dos catro arquipélagos do Parque Nacional.
Dos fondos mariños que rodean as illas.
Das plantas e animais do Parque.Dos ecosistemas do Parque.
Das xentes que habitaron ou habitan as illas.

Dun xeito didáctico, participativo e espertando a curiosidade polas illas.
A actividade estará dividida en:
  • Presentación do parque e das súas paisaxes: apoiado en imaxes.
  • O rastro das especies: Un xogo no que deberán identificar distintos rastros de seres vivos (cunchas, plumas...) e escoller o ecosistema máis axeitado  para cada especie.
RUMBO ÁS ILLAS

Para 4º,5º e 6º de E. Primaria

Dos catro arquipélagos  do Parque Nacional.
Dos fondos mariños que rodean as illas.
Dos distintos ecosistemas que hai no Parque .
Das adaptacións de animais e plantas.
Da historia e costumes dos habitantes.
Empregando ferramentas didácticas e participativas para dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais do Parque.
A actividade estará dividida en:
  • Presentación do parque e os seus ecosistemas: apoiado en paneis, imaxes e dinámicas grupais.
  • Cada cousa no seu sitio: dinámica na que terán que adiviñar o hábitat de diversas especies a través de pistas.

DETECTIVES DA PRAIA  (obradoiro)

De 1º a 6º de Ed. Primaria

Dos catro arquipélagos do P. Nacional

Dos fondos mariños que rodean as illas.

Dos seres vivos mariños.

Dun xeito didáctico e participativo, con elementos reais que podemos atopar nas praias da nosa contorna.

Veremos restos que aparecen nas praias e identificaremos os seres vivos aos que pertencen.

Contaremos curiosidades sobre eles e adiviñaremos en que tipo de fondo viven.

MERGULLÁNDONOS NAS ILLAS Para ciclos da ESO, Bacharelato e FP Das paisaxes das illas do Parque Nacional.
Das causas da alta riqueza mariña neste espazo protexido.
Da vida mariña das illas.
Realizando diversas dinámicas participativas:
  • As illas do Parque Nacional: presentación do espazo protexido.
  • Por qué a auga é tan rica: experimentos sobre a dinámica mariña nas illas.
  • A vida nos fondos: identificación da biodiversidade  nas paisaxes mariñas do parque.

 

Lugar de celebración das actividades

Ofrecemos a posibilidade de acoller no noso Centro de Visitantes a grupos de estudantes e realizar aquí estas actividades. Tamén que o equipo de guías do Parque se desprace ata o centro escolar para desenvolver a actividade didáctica cos alumnos.  Neste caso, a actividade realizarase por grupos nas propias aulas ou naquelas estancias que dispoñan dos recursos necesarios para a súa realización.

O máximo de alumnos por sesión non poderá superar o aforo permitido no centro de visitantes. Nos centros educativos a actividade farase por aula.

Apoio en proxectos escolares con temáticas relacionadas coas Illas Atlánticas

Moitos centros realizan interesantes proxectos escolares relacionados coas Illas Atlánticas, os espazos protexidos, o mar...

Convidamos especificamente a estes centros a poñerse en contacto connosco para estudar posibles formas de colaboración do Parque Nacional con estes proxectos, a través de charlas, rutas ou actividades no centro escolar, no Centro de Visitantes ou nas illas, que poidan enriquecelos e achegar o Parque Nacional e os seus valores aos escolares da nosa contorna.

Neste caso deben cubrir a Solicitude de actividades asistidas por Guías do Parque Nacional

Coles Ganadores del Concurso "O Parque Nacional coa Escola" 2022-2023. (MODALIDADE DIXITAL)

 

6ºCurso

1º PREMIO DIXITAL: 6A CEIP A PEDRA (Bueu)  ENLACE KAHOOT

2º PREMIO DIXITAL: 6º CEIP PLURILINGUE CASA DE LA VIRGEN (Cangas) KAHOOT ENLACE

ACCESIT DIXITAL: 6ºB CEIP A PEDRA (Bueu) ENLACE KAHOOT

ACCESIT DIXITAL: 6ºA CEIP O POMBAL (Vigo) ENLACE KAHOOT

 

 

5ºCurso:

1º PREMIO DIXITAL: 5ºC COLEXIO MIRALBA JESUITNAS  (Vigo)  ENLACE KAHOOT

2º PREMIO DIXITAL: 5ºA CEIP PLURILINGUE BELESAR (Baiona) ENLACE KAHOOT

ACCESIT DIXITAL: 5ºA CEIP EMILIA PARDO BAZAN (Vigo)    ENLACE KAHOOT

ACCESIT DIXITAL: 5ºB CEIP EMILIA PARDO BAZAN (Vigo)    ENLACE KAHOOT