Co fin de ordenar e reducir o posible impacto negativo da visita ás illas ordénanse os usos do espazo (creando zonas concretas de fondeo, por exemplo) e regúlase o número diario de entradas tanto de visitantes de un día, campistas ou fondeos de barcos privados.
Nas augas do Parque podemos atopar diversos tipos de fondos que acollen ecosistemas de gran valor, pero susceptibles de ser alterados e destruídos se non se regulan de forma adecuada as actividades que se levan a cabo nesta zona marítima, como son a navegación, o fondeo de embarcacións ou o mergullo.
Tamén na zona terrestre deben regularse as actividades humanas como por exemplo a acampada nas illas e evitar a masificación do espazo natural.
Descargue o folleto da normativa para a visita pinchando na imaxe:
Para visitar as Cíes e Ons en tempada alta precisa unha autorización. Para saber solicitala correctamente pode siguir os pasos que se mostran pinchando aquí.
Se vai visitar a illa, lembre que non está permitido: