Se vas a visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas le antes estas recomendacións.
- É un Espazo Natural Protexido, infórmate da normativa e colabora na conservación.
- Non hai papeleiras. Leva unha bolsa para traer de volta o teu lixo.
- Pregunta nos puntos de información das Illas.
- Leva auga, protección solar e roupa de abrigo.
- Lévate só fotos ou vivencias. Deixa as cunchas, flores, area, etc. no seu lugar.
- Camiña só polos sendeiros sinalizados.
- Gaivotas e peixes non necesitan da túa comida. Non os alimentes.
- A fauna da costa está protexida. Non a collas nin a molestes.
- Ten en conta tamén que existe un límite de visitantes diarios. Recorde a necesidade de sacar a autorización da Xunta de Galicia para visita de Cíes e Ons en Tempada alta na web: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal. Para saber como obtelo descargue este sinxelo manual.
- Lembra que non sempre hai servizo sanitario nas illas e que o tempo de desprazamento a un centro sanitario pode ser importante.
- Outras cousas opcionais que levar á illa: Gafas de mergullo e neopreno, gafas de sol, prismáticos e roupa e calzado deportivo para camiñar.