Descarque o folleto da Illa de Cortegada facendo clic aquí.
Este conxunto de illas e illotes, de relevo moi chan, sitúase no interior da ría de Arousa, na desembocadura do río Ulla. A súa localización no interior da ría diferénciao das illas exteriores do Parque. Esta situación, máis protexida da forza do mar e o vento do Atlántico, fai que os seus fondos se recubran de areas, moi aproveitadas polos habitantes da zona para o cultivo de ameixa.
No interior da illa de Cortegada medra unha húmida formación boscosa de loureiros e outras árbores autóctonas que rodean a aldea abandonada e a súa ermida.
Na illa Malveira Grande, que é zona de reserva, consérvase un dos escasos bosques de cerquiños da costa atlántica.
Pode acceder á sección de Biblioteca para a consulta e descarga de máis folletos e recursos das Illas.
Non existe un transporte regular diario polo que os visitantes deben contactar coas navieras que organizan os grupos de visita a esta illa dende diversos portos, principalmente: Vilagarcía, e Carril.
Estos grupos deben ir acompañados dun guía acreditado polo parque nun ratio de 25 visitantes por guía. A cota máxima de visitantes diarios para o arquipélago de Cortegada é de 150-250 persoas.
Consulte as navieiras que realizan viaxes a Cortegada ao final desta mesma páxina.
Pódese facer a visita calquera día do ano pero é preciso contar cos permisos de navegación e fondeo expedidos polo Parque Nacional. O formulario para solicitar o permiso de navegación pódese descargar nesta páxina web no apartado de autorizacións e nel aparece indicada tamén a documentación que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumprimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax as oficinas do Parque Nacional.
Unha vez obtido o permiso de navegación poderá solicitar telemáticamente os permisos de fondeo para aqueles días que desexe fondear nas illas.
O límite diario neste arquipélago é de 15-20 fondeos/día na zona perimetral.
Cree o mapa interactivo cos aspectos que máis lle interese (tendo en conta que só se pode camiñar polas rutas sinalizadas en cor) ou descargue o pdf co mapa e información de rutas e puntos de interese facendo clic aquí.
Enderezo | Correo electrónico | Teléfono | Fax | |
---|---|---|---|---|
Oficina do parque | Oliva 3, 36202 VIGO | iatlanticas [at] xunta.gal | +34 886 21 80 90 | +34 886 21 80 94 |
Centro de Visitantes | Rúa Palma 4. Casco Vello - Vigo (tras a Colexiata ou Concatedral de Vigo) Luns a xoves de 10-14h (10-12h atención preferente a grupos escolares) Venres e sábado 10-14h / 16:30-19:30h (Domingos e festivos pechado) |
Grupos Organizados / Visitas educativas
Nome | Teléfono | Fax | Web | |
---|---|---|---|---|
CHARTER TERRA NOVA | +34 620 220 855 | - | www.charterterranova.com | info [at] piratasdenabia.com |
CORTICATA | +34 986 565 604 | - | www.corticata.com | info [at] corticata.com |
MARES DO GROVE | +34 986 732 205 / +34 607 645 687 | +34 986 733 752 | www.crucerosmaresdogrove.com | neptuno [at] crucerosmaresdogrove.com |
PIRAGUILLA (Kayak) | +34 625 336 324 | - | www.piraguilla.com | piraguilla22 [at] gmail.com |
SAILWAY, S.L. | +34 986 442 351 | +34 986 442 353 | www.sailway.es | info [at] sailway.es |
OCEANIC AROUSA TOURS | +34 648 458 116 | - | www.oceanicarousa.com | oceanicarousa [at] gmail.com |
RUTAS RIAS BAIXAS | +34 609 359 141 | - | www.rutasriasbaixas.com | info [at] taximar-riasbaixas.com |
ALVAMAR | +34 653 516 969 | - | www.alvamarnautica.com | info [at] alvamarnautica.com |
MAR DE AGUIÑO | +34 981 841 454 | - | www.mardeaguiño.es | mardeaguino [at] hotmail.com |
AMARE TURISMO NAUTICO | +34 650 410 323 - 322 | - | www.amareturismonautico.com | info [at] amareturismonautico.com |