Descarque o folleto co mapa e as rutas de Cíes facendo clic no mapa:
O arquipélago de Cíes está composto por 3 illas: Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes de Agoeiro ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Está situado na bocana da ría de Vigo.
Se voamos por riba do arquipélago de Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e O Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruínas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.
Pode acceder á sección de Biblioteca para a consulta e descarga de máis folletos e recursos das Illas.
Semana Santa, e do 15 de maio o 15 de setembro
As empresas de transporte que realizan estes servizos adoitan ter base nos portos de Vigo, Cangas e Baiona. Cada tempada estas empresas establecen as súas rutas e horarios polo que é recomendable consultalos previamente para achegarse ás illas nestas datas.
O límite de visitantes diarios para o arquipélago de Cíes na tempada alta é de 1.600-1.800 persoas diarias, polo que é necesario dispor de autorización previa da Xunta de Galicia antes de mercar o billete á navieira. Tes máis información das autorizacións AQUÍ.
Resto do ano
Só se pode visitar Cíes en grupo organizado con guía, polo que os visitantes deben contactar coas navieiras autorizadas que organizan os grupos de visita. A cota máxima de visitantes en tempada baixa é de 250-450 persoas diarias. O/a guía debe ir identificado/a como acreditado/a polo Parque Nacional, e non pode ir con máis de 25 persoas no grupo.
Os contactos das navieras pódense ver ao final desta mesma páxina.
Pódese facer a visita calquera día do ano pero é preciso contar cos permisos de navegación e fondeo expedidos polo Parque Nacional. O formulario para solicitar o permiso de navegación pódese descargar nesta páxina web no apartado de autorizacións e nel aparece indicada tamén a documentación que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumprimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax as oficinas do Parque Nacional.
Unha vez obtido o permiso de navegación poderá solicitar telemáticamente os permisos de fondeo para aqueles días que desexe fondear nas illas.
O límite diario neste arquipélago e de 75-125 fondeos/día repartidas en tres zonas (San Martiño, Nosa Señora e Rodas) nas augas do Parque.
Cree o mapa interactivo cos aspectos que máis lle interese ou descargue o pdf co mapa e información de rutas e puntos de interese facendo clic aquí.
Enderezo | Correo electrónico | Teléfono | Fax | |
---|---|---|---|---|
Oficina do parque | Oliva 3, 36202 VIGO | iatlanticas [at] xunta.gal (iatlanticas[at]xunta[dot]gal) | +34 886 21 80 90 | +34 886 21 80 94 |
Centro de Visitantes | Rúa Palma 4. Casco Vello - Vigo (tras a Colexiata ou Concatedral de Vigo) Luns a xoves de 10-14h (10-12h atención preferente a grupos escolares) Venres e sábado 10-14h / 16:30-19:30h (Domingos e festivos pechado) |
Servicio Regular / Grupos e visitas educativas
Nome | Teléfono | Web | |
---|---|---|---|
MAR DE ONS | +34 986 225 272 | www.mardeons.es | info [at] mardeons.com (info[at]mardeons[dot]com) / comercial [at] mardeons.com (comercial[at]mardeons[dot]com) (grupos + 30) |
NAVIERA NABIA | +34 986 320 048 | www.piratasdenabia.com | info [at] piratasdenabia.com (info[at]piratasdenabia[dot]com) |
NAVIERA DE LAS RÍAS GALLEGAS SL | +34 986 302 415 | www.rgnaviera.com | riasgallegas [at] rgnaviera.com (riasgallegas[at]rgnaviera[dot]com) |
CRUCEROS DO ULLA SL | +34 986 731 818 / +34 608 089 458 | www.crucerosdoulla.com | info [at] crucerosdoulla.com (info[at]crucerosdoulla[dot]com) |
CRUCEROS RÍAS BAIXAS | +34 986 731 343 / +34 670 518 669 | www.crucerosriasbaixas.com | info [at] crucerosriasbaixas.com (info[at]crucerosriasbaixas[dot]com) |
NAVIERA BAHÍA SUB | +34 607 911 523 | www.bahiasub.com | naviera [at] bahiasub.com (naviera[at]bahiasub[dot]com) |
Nome | Teléfono | Web | ||
---|---|---|---|---|
ALVAMAR NÁUTICA | +34 683 580 364 / +34 653 516 969 | www.alvamarnautica.com / www.visitacortegada.com | info [at] alvamarnautica.com (info[at]alvamarnautica[dot]com) | |
BLUSCUS TURISMO MARINERO | +34 657 63 59 99 | www.bluscus.es | info [at] bluscus.es (info[at]bluscus[dot]es) | |
CHARTERTERRANOVA | +34 620 220 855 | www.charterterranova.com | info [at] charterterranova.com (info[at]charterterranova[dot]com) | |
JULIO VERNE NÁUTICA | +34 683 251 682 | www.juliovernenautica.com | office [at] juliovernenautica.com (office[at]juliovernenautica[dot]com) | |
MAR DE AGUIÑO | +34 630 233 702 / +34 619 978 390 | www.mardeaguino.es | mardeaguino [at] hotmail.com (mardeaguino[at]hotmail[dot]com) | |
MEDUSA CENTRO BUCEO E TURISMO ACTIVO | +34 633 119 533 / +34 986 502 044 | www.nauticamedusa.com | centrobuceomedusa [at] gmail.com (centrobuceomedusa[at]gmail[dot]com) | |
MERGULLO BREOGÁN | +34 607 799 623 | www.mergullobreogan.com | mergullobreogan [at] gmail.com (mergullobreogan[at]gmail[dot]com) | |
MONROA SL | +34 608 182 274 | www.crucerospelegrin.com | info [at] crucerospelegrin.com (info[at]crucerospelegrin[dot]com) | |
NAVEGANTE VIGO SL | +34 610 403 362 | https://navegantevigo.es | info [at] navegantevigo.es (info[at]navegantevigo[dot]es) | |
OCEAN SECRETS | +34 664 640 554 | www.oceansecrets.es | info [at] oceansecrets.es (info[at]oceansecrets[dot]es) / direccioncomercial [at] oceansecrets.es (direccioncomercial[at]oceansecrets[dot]es) | |
OCEANIC AROUSA TOURS | +34 648 458 116 | www.oceanicarousa.com | info [at] oceanicarousa.com (info[at]oceanicarousa[dot]com) | |
OFTEFOR CB (CORTICATA) | +34 625 807 923 / +34 639 870 488 | www.corticata.com | info [at] corticata.com (info[at]corticata[dot]com) | |
RUTAS RÍAS BAIXAS SLU | +34 609 359 141 | www.rutasriasbaixas.com | info [at] taximar-riasbaixas.com (info[at]taximar-riasbaixas[dot]com) | |
SAILWAY | +34 986 442 351 | www.sailway.es | info [at] sailway.es (info[at]sailway[dot]es) | |
SAN YAGO CHARTER | +34 619 304 826 | www.sanyagocharter.com | jaime [at] sanyagocharter.com (jaime[at]sanyagocharter[dot]com) | |
SEA CHARTER RÍAS BAIXAS SL | +34 644 483 305 | www.seataxicharter.com | seacharterriasbaixas [at] gmail.com (seacharterriasbaixas[at]gmail[dot]com) | |
SUSIACUÑA SL | +34 986 229 235 | www.isladeons.net | susions [at] isladeons.net (susions[at]isladeons[dot]net) | |
TURIMARES SL | +34 986 733 543 / +34 620 997 621 | www.crucerosturimares.com | info [at] crucerosturimares.com (info[at]crucerosturimares[dot]com) |