Para acceder ao Parque recoméndase planificar a visita con suficiente antelación xa que as illas teñen un límite máximo de visitantes diarios.
Para visitar Cíes e Ons, en tempada alta (Semana Santa e do 15 maio-15 setembro), o propio visitante debe obter a autorización previa da Xunta de Galicia para poder adquirir posteriormente o billete da navieira. Solicite a súa autorización na seguinte web: autorizacionillasatlanticas.xunta.gal. Así obterá un código de prereserva provisional, co que terá un tempo de dúas horas para adquirir o seu billete de transporte nunha naviera autorizada. Unha vez adquirido o billete nunha naviera, recibirá na dirección de correo electrónico proporcionada a autorización administrativa definitiva (ou poderá descargala nesta páxina: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/busquedaPorLocalizado). Imprímaa ou lévea no móbil pois lle pedirá no embarque. E recorde que debe achergarse á taquilla da naviera previamente ao embarque para coller o billete en papel.
Pode descargar este manual onde explica os pasos a seguir para obter a autorización.
Para visitar Cíes ou Ons en tempada baixa farase a través de grupos con guía, procedendo de igual xeito que para visitar Sálvora ou Cortegada.
No caso de Sálvora e Cortegada é a propia navieira quen tramita a autorización para a visita dos grupos. Consulte a información sobre os portos de saída para cada arquipélago e as navieiras autorizadas no apartado de visita da illa escollida.
Recoméndase visitar o Centro de Visitantes do Parque Nacional para ter unha información previa máis detallada e poder planificar mellor a visita.