Accesibilidade

As persoas con discapacidade teñen dereito a vivir de xeito independente e a participar plenamente en todos os aspectos da vida. Para elo, se deben adoptar as medidas necesarias para asegura a accesibilidade universal, en igualdade de condicións coas demais persoas, nos entornos, servizos, transporte, información, incluídos os sistemas e as tecnoloxías da información e instalacións abertos ao público, tanto en zonas urbanas como rurais, segundo o art 22 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, Ley dos dereitos das persoas con discapacidade e Inclusión social.

O Parque, desenvolveu diversas medidas cara a accesibilidade universal, como habilitación de tramos con firme mellorado, elaboración e préstamo de materiais de apoio para diversas casuísticas funcionais, como poden ser mapas e información en Braille, dispoñibilidade de muletas e cadeiras anfibias para o uso na praia, préstamos de cadeiras de rodas e Joëlette, uso de pictogramas para dar información, aplicación de criterios de lectura fácil para materiais divulgativos...