O Parque

Os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora, Cortegada e o mar que os rodean forman a contrastada paisaxe que caracteriza o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Baixo as súas augas consérvanse algúns dos exemplos máis representativos de ecosistemas mariños atlánticos, que atesouran unha gran riqueza biolóxica.

A súa localización, fronte ás Rías Baixas, crea unha barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuarino das rías. No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os cantís e os matos de toxo e breixo. No medio mariño, con fondos rochosos, son importantes as comunidades de bosques de algas pardas (Sacorhiza polyschides e Laminaria spp.) que acollen unha gran variedade de seres vivos. As correntes mariñas depositan as areas nas zonas máis protexidas que, xunto cos importantes fondos de maërl (conformados por restos de algas calcarias), crean uns medios de substrato móbil ao cal se deben adaptar os seres vivos, como os bivalvos que se enterran para que as correntes non os leven. Esta riqueza mariña do parque tamén está amparada polo convenio OSPAR para a protección do medio mariño do Atlántico Nordeste.

Descarga a guía completa do Parque aquíportada guia peq

 

Superficie mariña

Superficie terrestre

Comunidade Autónoma

Provincias

Municipios

Creación

Zonas ZEPA

Zonas ZEC

Convenio

OSPAR

Convenio

RAMSAR

 PORN  PRUX

Ben de Interese Cultural (BIC)

7.285,2 ha

1.194,8 ha

Galicia A Coruña e Pontevedra

Vigo, Bueu, Vilagarcía e Ribeira

1 de xullo de 2002 (lei 15/2002)

Cíes, Ons e augas de Sálvora

Cíes, Ons e Sálvora

desde

2008

desde

2021

Decreto 274/1999

Decreto 177/2018

Illa de Sálvora

Mapas e rutas

Crea o teu propio mapa, seleccionando o arquipélago, o tipo de información que che interese: sendeiros, puntos a visitar, servizos...). Para imprimilos fai unha captura de pantalla.

Ten en conta que so podes camiñar polas rutas sinaladas en cor.

Se prefire descargar o folleto xeral con mapas e información sobre as illas preme aquí.folleto PN peq

Pode descargar a descrición detallada dos itinerarios do Parque aquí

Preview