Para aqueles grupos sen ánimo de lucro que queiran realizar unha visita guiada nos centros de visitantes, pódese concertar dita visita co equipo de guías propios do Parque a través do formulario de solicitude de actividades.
Atópase nun edificio histórico situado no casco vello da cidade de Vigo, dende onde se trata de amosar os valores naturais e culturais das illas atlánticas dun xeito moi artístico coa intención de trasladarnos a este singular espazo protexido.
Aqueles que visiten este centro antes de ir ás illas terán unha mostra previa da riqueza das illas e poderán recabar información e consellos para un maior goce e aproveitamento da súa estancia nas illas.
Horario: Luns a xoves de 10-14h (10-12h atención preferente a grupos escolares)
Venres e sábado 10-14h / 16:30-19:30h
(Domingos e festivos pechado)
Teléfono: 886 21 80 82
Ubicación:
Rúa Palma 4. Casco Vello - Vigo (tras a Colexiata ou Concatedral de Vigo)
Apertura suxeita a normativa covid-19
Situado nun antigo almacén de artillería, sobre as ruínas do antigo mosteiro de Sto. Estevo. Está na illa do Faro, a 1km do porto, e accédese camiñando a través da ruta do Faro de Cíes. A súa exposición céntrase nos distintos ecosistemas do Parque Nacional.
Normalmente abre polas tardes en tempada alta.
Apertura suxeita a normativa covid-19.
No pazo do Almacén, antiga salgadura, nas inmediacións do peirao, hai exposto pezas etnográficas recuperadas da aldea de Sálvora e do propio pazo, así como unha mostra de cunchas e outros rastros da fauna da illa. A sala soe estar aberta todo o ano.
Apertura suxeita a normativa covid-19.