Calquera cidadá/n con afán de axudar na ampliación de coñecementos do noso entorno pode participar nos proxectos de investigación que solicitan a colaboración para ampliar a súa rede de observadores. Algúns destes proxectos teñen vinculación co Parque Nacional, como por exemplo:
Para saber máis : https://cinemanaufrago.gal/
A creación dunha Rede de observadores do medio mariño galego (Redogal) pretende ser unha ferramenta da Xunta de Galicia para o seguimento e vixilancia da vida mariña de Galicia. As condicións do medio mariño sofren continuos cambios xa sexan naturais ou antropoxénicos, inducidos polo home. Os seres vivos actúan como bioindicadores destes cambios dos ecosistemas, polo que é necesario establecer unha rede de seguimento e vixilancia da vida mariña utilizando como ferramenta o concepto de “Ciencia cidadá”.
As bolboretas son moi bos indicadores ambientais, pola súa capacidade para informar do estado de conservación dos ecosistemas. Isto se debe á súa gran diversidade e dependencia dunhas determinadas condicións ecolóxicas. Así, cómpre subliñar que o seu ciclo vital, composto por fases de ovo, eiruga, crisálida e bolboreta adulta, é moi dependente da meteoroloxía e da presenza e abundancia das plantas das que se alimentan. Por tanto as variacións que se producen na abundancia das bolboretas reflicten á súa vez cambios e alteracións medioambientais.
Por este motivo, as bolboretas son, dende hai moito tempo, obxecto de seguimento en estudos ecolóxicos e na xestión dos recursos naturais. Un destes seguimentos, cunha crecente implantación internacional e moi estendido territorialmente, é o chamado BMS (Butterfly Monitoring Scheme), ou Plan de Seguimento de Bolboretas.
Basicamente consiste na realización de percorridos prefixados que se repiten sempre nos mesmos lugares, identificando e anotando o número e as especies avistadas. Estes itinerarios visítanse entre 10 e 30 veces ao ano, de marzo a setembro, de forma que se poidan identificar as bolboretas que voan nas distintas épocas.
Da súa coordinación ocúpanse distintos tipos de institucións de investigación e xestión, e neles participan tanto profesionais como voluntarios afeccionados. Estes últimos teñen unha gran importancia para o funcionamento do BMS, pois son os que levan a cabo a maior parte dos transeptos. Nos catro arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas realízanse recorridos BMS desde o ano 2015.
DIVERSIMAR é unha ferramenta unha para obter información e facer seguemiento da biodiversidade mariña e pesqueira de Galicia e Cantábrico.
O Obxectivo do proxecto é dobre. Por un lado, e debido á propia natureza do medio mariño que fai moi custosa a obtención de datos, esta ferramenta permite rexistrar datos de especies mariñas e facer un seguimento das mesmas na área de estudo. E por outro lado, quérese establecer unha rede de colaboración coas persoas relacionadas co mar.
A investigación sobre biodiversidade mariña precisa dispoñer de información que non sempre é doado conseguir. O proxecto DIVERSIMAR nace para dar resposta a esta necesidade, obtendo datos estandarizados e revisados sobre a distribución de especies para axudar a desenvolver plans de control e estratexias de conservación.
O portal de ciencia cidadá para a investigación mariña.
Neste portal podes aportar as túas observacións mariñas apuntándote a diversos programas de investigación, ampliando así os datos para a mellora de resultados desta investigación para un mellor coñecemento sobre os océanos e os cambios que está a sufrir: residuos, quentamento global, pérdida de biodiversidade, alteración dos hábitats…