Arquipélago de Sálvora

Illa de Sálvora
Pertence ao concello de
Ribeira
Superficie
2.557 Hectáreas: 248 ha terrestres e 2.309 ha mariñas.
Outras figuras de protección
Incluído no ZEC “Complexo Humido de Corrubedo”. As súas augas incluidas na ZEPA Entorno mariño das Rías Baixas. Ben de Interese Cultural na categoria paisaxe protexida Decreto 49/2018.

A illa de Sálvora xunto cos illotes que a rodean conforman labirinto rochoso que protexe a entrada norte da Ría de Arousa. Entre eles destaca a gran mole granítica de Noro e as abruptas Sagres. Por contra, a propia illa, presenta unha paisaxe relativamente chá onde dominan as praias e dunas e os pequenos bloques graníticos arredondados chamados bolos.

Cara ao norte da illa atópase a aldea de Sálvora, testemuña muda doutro tempo no cal a illa estivo habitada. O faro, ata hai pouco gardado por fareiros, sinaliza esta perigosa zona onde aconteceron numerosos naufráxios como o do vapor Santa Isabel en 1921.

Para máis información, descarque o folleto de Sálvora facendo clic no mapa:mapa SAL peq gal

Pode acceder á sección de Biblioteca para a consulta e descarga de máis folletos e recursos das Illas.

Como chegar?

En transporte público marítimo

Non existe un transporte regular diario polo que os visitantes deben contactar coas navieiras que organizan os grupos de visita a esta illa dende diversos portos, principalmente dende O Grove e Aguiño, ainda que tamén dende Ribeira, Boiro, A Pobra, A illa de Arousa, Vilagarcía, e ocasionalmente dende Bueu.

A cota máxima é de 250 visitantes diarios. Estos grupos deben ir acompañados dun  guía acreditado polo Parque nun ratio de 25 visitantes por guía.

Consultar as navieiras que realizan viaxes a Sálvora ao final desta mesma páxina.

En barco privado

Pódese facer a visita calquera día do ano pero é preciso contar cos permisos de navegación e fondeo expedidos polo Parque Nacional. O formulario para solicitar o permiso de navegación pódese descargar nesta páxina web no apartado de autorizacións e nel aparece indicada tamén a documentación que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumprimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax as oficinas do Parque Nacional.

Unha vez obtido o permiso de navegación poderá solicitar telemáticamente os permisos de fondeo para aqueles días que desexe fondear nas illas.
O límite diario neste arquipélago e de 15-20  fondeos/día na zona Pazo-Almacén.

Lembre que por motivos de seguridade e conservación a visita a aldea de Sálvora só pode realizarse en compañía de guías autorizados polo Parque Nacional

Sálvora - O Almacén e Capela
Sálvora - O Almacén e Capela

Que ver?

Cree o mapa interactivo cos aspectos que máis lle interese, tendo en conta que so pode camiñar polas rutas indicadas en cor. 

Tamén pode descargar o pdf co mapa e información de rutas e puntos de interese facendo clic aquí: mapa SAL peq gal

Preview

Contactos

O parque nacional
  Enderezo Correo electrónico Teléfono Fax
Oficina do parque Oliva 3, 36202 VIGO iatlanticas [at] xunta.gal +34 886 21 80 90 +34 886 21 80 94
Centro de Visitantes Rúa Palma 4. Casco Vello - Vigo (tras a Colexiata ou Concatedral de Vigo)
Luns a xoves de 10-14h (10-12h atención preferente a grupos escolares)
Venres e sábado 10-14h / 16:30-19:30h
(Domingos e festivos pechado)
     
Navieras que operan na Illa de Sálvora

Grupos Organizados / Visitas educativas

Nome Teléfono Fax Web E-mail
CRUCEROS DO ULLA-TURIMARES +34 986 731 818 / +34 608 089 458 +34 986 733 543 www.crucerosdoulla.com info [at] crucerosdoulla.com
CRUCEROS ANGEL +34 986 732 539 / +34 607 473 228 +34 986 732 539 www.crucerosangel.com info [at] crucerosangel.com
CRUCEROS DE AROSA +34 609 562 913 / +34 616 830 236 +34 986 731 817 www.crucerosdearosa.com reservas [at] crucerosdearosa.com
CHARTER TERRA NOVA +34 620 220 855 - www.charterterranova.com info [at] piratasdenabia.com
MARES DO GROVE +34 986 732 205 / +34 607 645 687 +34 986 733 752 www.crucerosmaresdogrove.com neptuno [at] crucerosmaresdogrove.com
SAILWAY, S.L. +34 986 442 351 +34 986 442 353 www.sailway.es info [at] sailway.es
OCEANIC AROUSA TOURS +34 648 458 116 - www.oceanicarousa.com oceanicarousa [at] gmail.com
RUTAS RIAS BAIXAS +34 609 359 141 - www.rutasriasbaixas.com info [at] taximar-riasbaixas.com
CRUCEROS PELEGRIN (MONROA S.L.) +34 608 182 274 - www.crucerospelegrin.com info [at] crucerospelegrin.com
ALVAMAR +34 653 516 969 - www.alvamarnautica.com info [at] alvamarnautica.com
MAR DE AGUIÑO +34 981 841 454 - www.mardeaguiño.es mardeaguino [at] hotmail.com
AMARE TURISMO NAUTICO +34 650 410 323 - 322 - www.amareturismonautico.com info [at] amareturismonautico.com