Aínda que non existe caseta de información, nas inmediacións do peirao ou no pazo de Sálvora atopará persoal do parque que o atenderá.
No pazo do Almacén, antiga salgadura, nas inmediacións do peirao, hai unha exposición de pezas etnográficas recuperadas da aldea de Sálvora e do propio pazo, así como unha mostra de cunchas e outros rastros da fauna da illa.
O Parque Nacional ten en Sálvora un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conten un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural. Ao longo dos camiños, naqueles lugares de interese natural ou cultural hai unha serie e paneis informativos que poñen en valor diversos aspectos da illa.
Os dous itinerarios existentes están sinalizados, así como os principais puntos de interese.