O programa de formación do Parque Nacional organiza varios cursos ou eventos para difundir o coñecemento do Parque Nacional nos diferentes sectores como xornalistas, turoperadores, Garda Civil, acreditación de guías, investigadores, etc.
As actividades formativas que se realizan periodicamente son:
Curso de acreditación de guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas. 70 horas
Para aqueles profesionais autónomos/as ou traballadores/as de empresas, que desenvolvan a súa actividade como guía intérprete nos diferentes Parques Nacionais. O obxectivo principal desta actividade formativa é dar a coñecer aos participantes as funcións e habilidades necesarias para guiar a persoas e grupos nos Parques. Data fase on-line: Do 8 abril ao 11 xuño de 2026. Fase práctica: do 5 ao 8 de outubro.
+info e inscricións AQUÍ.
"Dominio público mariño-terrestre nos parques nacionais", para persoal da Garda Civil.