Xestionar para conservar

Conservación no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

A conservación do patrimonio natural do Parque mediante as oportunas decisións de xestión é un obxectivo prioritario. As actuacións que se desenvolvan nel teñen como obxectivo a conservación dos seus valores naturais e dos procesos que os sustentan. Calquera actuación a desenvolver terá que ser compatible coa permanencia destes.

Na execución das actuacións de conservación téñense en conta unha serie de principios que se relacionan a continuación:

  • Aplicación do mellor coñecemento dispoñible e do principio de prevención. En caso de dúbida, adoptarase a decisión que resulte máis favorable á conservación da natureza.
  • Fomento, preferiblemente a través de acordos voluntarios, da incorporación ao patrimonio público dos territorios e os dereitos reais existentes no interior do parque.
  • Coordinación e colaboración coas Administracións presentes no ámbito do Parque.
  • No cumprimento das normas, e sen prexuízo da aplicación do principio de autoridade, a administración dará preferencia á información, e a disuasión fronte ás prohibicións.
  • Actuación coa mínima interferencia cara aos procesos naturais. Procurarase recuperar un estado o máis parecido posible ao resultante da evolución natural. Manterase e, no seu caso, recuperarase a biodiversidade e funcionalidade propia dos sistemas naturais do parque, e evitarase a desaparición dos taxóns autóctonos. Non se autorizará a introdución de taxóns no autóctonos, e procurarase a erradicación das poboacións de especies invasoras.
  • Preservación da paisaxe, da calidade das augas e do aire