O uso público no Parque Nacional é unha das áreas de traballo que máis influe na conservación do espazo. Este uso público recolle un conxunto de actividades que influen directamente no medio natural e cultural: visitantes xerais, barcos de recreo, visitantes para actividades recreativas e deportivas, investigadores, voluntarios, ... e para eles son as instalacións hosteleiras e de servizos existentes no parque. Neste senso o Parque debe ter en conta que todas estas actividades e infraestructuras deben coidar que os seus impactos sexan evitados na medida do posible e ou correxidos para un uso sostible e compatible co disfrute do lugar. Principalmente as actuacións para a compatibilidade do uso e conservación deste espacio natural céntranse en: