O voluntariado, tal e como se recolle na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, ten que ser sempre unha decisión libre que toma unha persoa, executada fóra do ámbito laboral e sen contraprestación económica. Neste sentido, o voluntariado non pode substituír nunca o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuídos.
No Parque Nacional desenvolvense distintos programas de voluntariado dos que podes informate a continuación:
O Plan de Sensibilización e Voluntariado Ambiental do Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio para a Transición ecolóxica desenvólvese a través de dúas facetas diferentes: a participación de ONG como organizadoras das distintas actividades e tamén a título individual para as persoas que queiran colaborar en tarefas de voluntariado ambiental. Máis info en: Programa de Voluntariado en Parques Nacionales.
Unha destas experiencias é a desenvolvida por WWF, que no 2026 realiza a seguinte actividade de seguimento das interaccións entre as aves mariñas e as actividades humanas no espazo marítimo do Parque Nacional.
Prestarase especial atención a:
Quedas e prazas dispoñibles:
| Turno | Fechas | Isla | Nº de plazas |
|---|---|---|---|
| Turno 1 | Del 24 de junio al 1 de julio | Cíes | 4 |
| Turno 2 | Del 8 al 15 de julio | Ons | 4 |
| Turno 3 | Del 22 al 29 de julio | Cíes | 4 |
| Turno 4 | Del 5 al 12 de agosto | Ons | 4 |
| Turno 5 | Del 19 al 26 de agosto | Cíes | 4 |
| Turno 6 | Del 26 de agosto al 2 de septiembre | Ons | 4 |
En total, poderán participar 24 persoas ao longo da campaña.
| Día | Actividade |
|---|---|
| Día 1 | Recepción das personas voluntarias, traslado á illa e acollida do grupo. |
| Día 2 | Formación inicial a cargo do equipo científico e primeiras observacións en campo. |
| Días 3 a 7 | Recollida sistemática de datos sobre aves mariñas, embarcacións e interaccións. |
| Día 8 | Últimas observacións, revisión de datos, avaliación da quenda e regreso. |
+info e inscricións na web de WWF
Rede para a Recuperación dos Ecosistemas Mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia.
O obxectivo principal é recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do parque desde a sustentabilidade.
A sustentabilidade do proxecto pasa por integrar a conservación da biodiversidade e dos recursos naturais na poboación local, coa maior participación posible, sobre todo, do sector pesqueiro de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores do IEO, do Intecmar e das universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de formación profesional, voluntarios, concellos etc.
Estes destinatarios, colaboradores e beneficiarios integraranse na consecución dos seguintes obxectivos específicos:
Campamentos e campos de voluntariado da Xunta de Galicia.
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.
Actividades de voluntariado ambiental da Xunta de Galicia.
Ver as distintas actuacións na web de Voluntariado Galego.
Outras organizacións como concellos, confrarías, clubs de mergullo, asociacións ecoloxistas ou sociais, sindicatos e empresas organizan acotío actividades de voluntariado nas illas, axudando á limpeza da costa ou no control de flora invasora.