A conservación da biodiversidade é un aspecto fundamental para a supervivencia e o equilibrio de todos os ecosistemas, tanto dende o punto de vista económico, como desde o social ou do medioambiental. Neste sentido, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia presenta unha gran riqueza de hábitats e especies, tanto terrestres como mariñas, que fortalece o propio ecosistema e da que se benefician os sectores socioeconómicos circundantes. Porén, este aproveitamento de recursos e a convivencia de especies leva aparellada unha serie de ameazas sobre o medio que pode transformarse nun desequilibrio ecosistémico e socioeconómico de non intervir a tempo. Neste sentido, detectáronse actualmente unha serie de alteracións dentro do ecosistema debido aos residuos presentes tanto nos fondos mariños como nas praias, e é por isto, e para minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora.
O PROXECTO
O proxecto titulado Red para la recuperación de los ecosistemas marinos en el PNMT Illas Atlánticas de Galicia que se desenvolveron ao longo de ano 2018 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP.
COLABORADORES
Os colaboradores do proxecto son:
O obxectivo principal é recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do parque desde a sustentabilidade.
A sustentabilidade do proxecto pasa por integrar a conservación da biodiversidade e dos recursos naturais na poboación local, coa maior participación posible, sobre todo, do sector pesqueiro de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores do IEO, do Intecmar e das universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de formación profesional, voluntarios, concellos etc.
Estes destinatarios, colaboradores e beneficiarios integraranse na consecución dos seguintes obxectivos específicos:
As accións a realizar teñen como obxectivo avanzar no cumprimento dosobxectivos específicos do proxecto mediante un proceso de participación do sector socio-económico, polo que coa súa execución:
Descarga aquí a Guía das Boas Prácticas para evitar a chegada de lixo ao mar.
Descarga aquí unha descrición dos Tipos de lixo mariño.