O medio terrestre, malia ser tan só o 14% do territorio do Parque, é obxecto de estudo continuo e de importantes labouras de conservación, pois constitúe o terreo con maior uso público. Neste senso, as tarefas de conservación van encamiñadas fundamentalmente á protección e mellora da flora das illas.
Dúas especies emblemáticas do Parque Nacional, Cytisus insularis -única especie endémica do Parque- e Corema album, foron obxecto dun programa de reprodución ex-situ, a fin tanto de salvagardar o acervo xenético das poboacións, como de asegurar a propia persistencia das mesmas, pois o estado de decaemiento e falta de vigor mostrado por ambas especies nos últimos dous anos chegou a ser preocupante.
As revisiones do estado fitosanitario das masas forestales seguíronse realizando como vén sendo habitual, exceptuando a incorporación por primeira vez dun seguimiento acerca da existencia do nematodo do piñeiro, o cal, afortunadamente, acadou resultados negativos.