O equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante a época estival. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida.
Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade.
Tamén existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha destas rutas a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatorias.
Tamén se pode realizar a Ruta do Faro de Cíes de xeito autoguiado coa guía que se pode descargar facendo clic aquí.
Na actualidade existen 4 sendeiros sinalizados coa súa cor correspondente (cos que veñen sinalizados nos mapas do parque). Percorren as illas do Faro e Monteagudo, xa que a illa de San Martiño aínda non dispón de equipamentos de Uso Público.
Debido ás características físicas do terreo e á zonificación existente, todos os percorridos son de tipo lineal, aspecto a ter en conta para planificar a visita. Así a duración media estimada do itinerario aparece detallada contando soamente o tempo de ida.
Todos comezan na caseta de información do Parque Nacional, onde podemos resolver dúbidas ou solicitar aspectos máis concretos sobre estes.
Pode descargar información sobre os itinerarios sinalizados premendo no seguinte enlace.
Pode descargar a descrición dos itinerarios sinalizados premendo no seguinte enlace
Pódese realizar mergullo ou "snorkel" en calquera das zonas de baño. Aconséllase levar un neopreno sinxelo xa que as augas soen rondar os 15 graos no verán. Consultar nos puntos de información polo préstamo de guías de especies mariñas, contactos das empresas, información das mellores zonas...
No caso de empregar cinto de chumbos é preciso solicitar o permiso de mergullo con antelación.
Normalmente tamén existe a posibilidade de realizar actividades subacuáticas e saídas en piragua na illa coas empresas autorizadas polo Parque Nacional.