Onde comer e durmir?

Camping Cíes

Camping de Cíes

Atópase na illa do Faro, a 700 m da Caseta de Información.

Ten capacidade limitada e cada visitante pode aloxarse un máximo de 15 días consecutivos, polo que é recomendable realizar a reserva de praza con antelación por teléfono, na súa páxina web ou na oficina do cámping na estación marítima de Vigo.

O cámping, xeralmente, está aberto sempre que exista transporte marítimo regular de viaxeiros, aínda que é mellor consultalo con antelación.

Restaurantes

En Cíes hai varios establecementos de hostalaría, abertos no período no que opera o transporte público regular. Restaurante do Cámping de Cíes, Bar Serafín, Bar Begoña e o Restaurante Rodas.