Onde informarse?

Cíes - Paneis informativos de visita

Centro de Visitantes do parque Nacional das Illas Atlánticas, en Vigo

Antes do embarque pode visitar a exposición e solicitar información das Illas neste centro.

Centro Visitantes do Parque Nacional
Centro Visitantes do Parque Nacional

Caseta de Información no arquipélago de Cíes

A Caseta de Información no arquipélago de Cíes está situada a 100 metros do peirao de pasaxeiros de Cíes, na illa de Monteagudo. Pódese solicitar aquí toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas: información de rutas, actividades, elementos de apoio á accesibilidade, préstamo de libros, obxectos perdidos... O seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita nas Cíes. Este servizo está dispoñible en tempada alta de transporte marítimo.

Caseta de Información do Arquipélago de Cíes
Caseta de Información do Arquipélago de Cíes

Centro de Visitantes das Illas Cíes

Está situado, a 1,2 km do peirao de Rodas, na illa do Faro. Inaugurado como Centro de Interpretación en 1997, sitúase no interior dun antigo almacén de artillaría do S. XIX, o cal foi levantado á súa vez sobre as ruínas do Mosteiro de Santo Estevo, datado no S. XI. No seu interior aínda se poden observar os restos da cimentación, algunhas pezas que formaron parte das cornixas do edificio e un sepulcro antropomorfo.
Actualmente o Centro dispón de punto de información ao visitante, sala de interpretación-exposición, un área para obradoiro infantil, e unha sala multiúsos para proxeccións, cursos, conferencias ou actividades con colectivos programadas polo persoal do parque ou solicitadas ao parque. Xeralmente, permanece aberto durante a Semana Santa e toda a tempada estival.

Centro de visitantes das Cíes
Centro de visitantes das Cíes

Paneis informativos e sinalización

O Parque Nacional presenta un panel informativo no arquipélago de Cíes situado fronte a caseta de información. Conten un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural. Os camiños están sinalizados. Tamén hai paneis con información sobre os valores naturais e históricos das illas.

Panel bienvenida
Panel bienvenida