Existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha das rutas guiadas que o parque realiza esporadicamente na illa de Cortegada a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando estea aberta algunha das convocatorias.
Na illa de Cortegada poderemos atopar un itinerario autoguiado mediante folleto interpretativo (pódese pedir na caseta de información) que nos levará polo percorrido circular da illa. Este itinerario leva por titulo: “Un paseo por Cortegada: a mediciña do mar” e recorre o camiño que rodea á illa mostrando a súa riqueza natural e cultural.
Pode descargar o mapa dos itinerarios sinalizados premendo no seguinte enlace
Pode descargar a descrición dos itinerarios sinalizados premendo no seguinte enlace
Pódese realizar mergullo ou "snorkel" en calquera das zonas de baño. Aconséllase levar un neopreno sinxelo xa que as augas soen rondar os 15 graos no verán. Consultar nos puntos de información polo préstamo de guías de especies mariñas, contactos das empresas, información das mellores zonas...
No caso de empregar cinto de chumbos é preciso solicitar o permiso de mergullo con antelación.
A visita a Cortegada é adentrarse nun bosque que semella tocar o mar. Tanto contratemos a visita cunha navieira e guía como a fagamos en barco privado, debemos saber que temos que levar con nos todo o preciso, xa que nesta illa non existen tendas nin servizos hostaleiros. Resulta imprescindible levar auga (non hai fontes de auga con tratamento sanitario) e algo de comida no caso de facer unha estancia de varias horas.
Os baños públicos están nas inmediacións da caseta de información.