En Cortegada hai un punto de información nas inmediacións do porto, onde atoparemos información sobre os valores da illa e itinerarios que se poden realizar. É recomendable consultar sobre a súa apertura e horarios antes de realizar a visita.
O Parque Nacional ten en Cortegada un panel informativo de benvida cerca da caseta de información. Conten un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.