Que servizos hai?

Faro de Ons

Asistencia sanitaria

Só nos meses de verán existe este servizo diúrno e normalmente tamén en Semana Santa. A caseta de atención sanitaria localízase na zona do Curro preto do Centro de Visitantes.

Non hai auga potable

As fontes publicas das illas carecen de garantía sanitaria. É importante, pois, levar auga para visitar illas xa que este é un territorio con vento e moito sal no aire que propicia a deshidratación baixo o sol. Tamén se pode mercar auga nos servizos hostaleiros das illas.

Aseos públicos

Os aseos públicos están no interior do centro de visitantes e tamén no seu exterior.

Áreas de descanso

Son zonas sombreadas habilitadas con mesas e bancos. Hai tres zonas; unha a carón da praia de  "Area dos Cans", outra o carón da praia das Dornas e outra o lado do cámping.

Miradoiros

Aínda que existen multitude de lugares nas illas dende os que poder admirar a súa paisaxe, tan só se consideran como tales algúns deles, que polo seu elevado interese paisaxístico e localización a súa visita é recomendable para a maior parte dos visitantes. En Ons, o miradoiro de Fedorentos é o mais coñecido xa que nos ofrece unha impresionante panorámica cara o sur ; coa illa de Onza, as illas Cíes, e a zona continental máis próxima.

Aínda que non está indicado coma miradoiro, o entorno do Faro de Ons presenta unhas vistas  espectaculares sobre a Rías de Pontevedra e Arousa (coa illa de Sálvora na súa entrada).