Que facer?

Costa este Ons desde Castelo

Itinerarios guiados

O equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante a época estival. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida.

Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade.

Tamén existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha destas rutas a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatorias.

Tamén se pode realizar a Ruta “Os nomes da illa” de xeito autoguiado coa axuda da guía que pode descargar facendo clic aquí.

Itinerarios sinalizados

Na actualidade existen 4 sendeiros sinalizados coa súa cor correspondente (os que veñen sinalizados nos mapas do parque) percorrendo a Illa de Ons.

Os camiños xa existentes posibilitaron o deseño circular dos itinerarios, o que permitirá ó visitante apreciar dunha forma máis completa os valores naturais e culturais de Ons sen aumentar en exceso a duración dos percorridos. É importante atender á sinalización existente así como as posibles indicacións do persoal do parque, xa que ao estar habitada, Ons presenta unha gran cantidade de camiños polo que non é difícil despistarse o ou adentrarse en zonas restrinxidas e/ou retardar a volta ao porto.

 

Todos comezan na caseta de información do Parque Nacional, onde podemos resolver dúbidas ou solicitar aspectos máis concretos sobre cada itinerario.

 

Pode descargar o mapa dos itinerarios sinalizados premendo no seguinte enlace

Pode descargar a descrición dos itinerarios sinalizados premendo no seguinte enlace

Outras actividades

Pódese realizar mergullo ou "snorkel" en calquera das zonas de baño. Aconséllase levar un neopreno sinxelo xa que as augas soen rondar os 15 graos no verán. Consultar nos puntos de información polo préstamo de guías de especies mariñas, contactos das empresas, información das mellores zonas...

No caso de empregar cinto de chumbos é preciso solicitar o permiso de mergullo con antelación.

Normalmente tamén existe a posibilidade de realizar actividades subacuáticas e saídas en piragua na illa coas empresas autorizadas polo Parque Nacional.