Está situado no lugar chamado "Chan dá Pólvora", a 1 km do peirao da illa de Ons subindo pola pista de cemento que chega ata o faro. Tratáse dun cámping de segunda categoría, con instalacións que dan cabida a un máximo de 276 visitantes. Conta cun espazo delimitado e acondicionado para a instalación de tendas de campaña, aseos e duchas de auga quente, servizo de lavado, cafetería e recepción, e un sistema de recollida de residuos.
Información e reservas www.campingisladeons.com.
En Ons hai 3 establecementos de hostalaría, que varían a súa época de apertura en función do transporte público regular e da afluencia de mariñeiros no arquipélago. Están na zona de O Curro: “Casa Checho”, “Casa Acuña” e “O Pirata de Ons”.