Está situado xusto ao final do peirao, o lado da "Praia dás Dornas". Pódese solicitar aquí toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas: información de rutas, actividades, elementos de apoio á accesibilidade, préstamo de libros, obxectos perdidos... O seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita nas Cíes. Este servizo está dispoñible en tempada alta de transporte marítimo.
Situado no barrio de Curro fronte a igrexa, este centro ocupa o edificio da antiga escola da illa. Está baseado no patrimonio e etnografía da illa e os seus illáns. O centro, xeralmente, está aberto polas tardes durante a tempada alta.
O Parque Nacional ten en Ons un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conteñen un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.
Os camiños están sinalizados.
Tamén hai paneis con información sobre os valores naturais e históricos das illas. Ao longo dos camiños, naqueles lugares de interese natural ou cultural hai unha serie e paneis informativos que poñen en valor diversos aspectos da illa.