Zona de cría de aves con acceso restrinxido en determinadas épocas do ano.
Estas construcións cunha arquitectura singular foron feitas polo Instituto Nacional de Colonización nos anos 60 para dotar de infraestruturas a unha poboación aínda numerosa (preto de 500 persoas a mediados do s.XX).
Por un pequeno camiño que cruza dende o barrio de Canexol, que foi un dos núcleos da vida social na illa, a Caniveliñas, poderemos achegarnos ata a porta do recinto (habitualmente pechado) que acolle a igrexa antiga e o pequeno cemiterio onde os habitantes da illa foron enterrados durante unha parte do s.XX.
Zona de cría de aves con acceso restrinxido en determinadas épocas do ano.
Escultura que representa a lenda da orixe dos Mariño, feita no S.XX polos descendentes da familia Goián, que foron os últimos propietarios privados da illa.
Un dos mananciais da illa, rodeado por árbores que medran en zonas húmidas como as marxes dos ríos. Na súa contorna, aproveitando esta abundancia de auga, instalouse unha pequena fábrica onde se forneaban as tellas para as casas da aldea. Chamada tamén fonte de Santa Catalina.
Antiga fábrica de salgadura reconvertida a pazo da familia Goian no S.XX. Actualmente punto de información e exposición. Igualmente a capela situada ó seu carón foi anteriormente a taberna da illa.
As ruínas destas vivendas son a lembranza dunha comunidade que se instalou na illa no s.XIX e se mantivo aquí ata os anos 60, chegando a ter 70 habitantes.
A paisaxe de Sálvora está marcada polos bolos, grandes pedras graníticas de formas arredondadas debido a erosión durante miles de anos.
A antiga ermida atopábase entre as casas. En 1652 reconstruíuse neste lugar, afastándoa así da aldea. Levantouse ao seu carón un pequeno hospital para peregrinos.