Outros

Punto de interese (PDI)

Antigo núcleo de vivendas. Abandonadas forzosamente polos seus habitantes nos inicios do s. XX para que se puidese doar a illa ó rei Afonso XIII.

Punto de interese (PDI)

Se te fixas un pouco poderás ver no chan as pegadas das rodas dos carros que pasaron por aquí centos de veces transportando algas dende a illa ao continente para fertilizar as leiras.

Punto de interese (PDI)

Dentro do bosque autóctono, atopamos unha zona onde os loureiros son a especie dominante. Bosques moi raros no litoral galego e na Europa continental, aquí en Cortegada ocupan unha importante superficie e con árbores de gran tamaño.

Punto de interese (PDI)

Carballos,salgueiros, amieiros e outras árbores ocupan actualmente a paisaxe de Cortegada, onde outrora eran leiras de cultivo.

Punto de interese (PDI)

Esta lagoa de auga salgada completa a espectacular paisaxe da praia de Rodas e constitúe unha zona de refuxio e cría para os organismos mariños.

Punto de interese (PDI)

Pequeno camposanto onde descansan antigos poboadores de Cíes. Non se permite a entrada.