PARADA 6: BURATO DO INFERNO (Ruta autoguiada Os nomes da illa)

You can change the language at the top right corner. Puedes cambiar el idioma arriba a la derecha. 

Se o prefires, podes descargar o folleto completo da ruta autoguiada en pdf AQUÍ.   

 

A entrada ao inferno foi o fogar das aves mariñas.
 

O nome do Burato do Inferno danos pistas sobre as lendas asociadas ao lugar, pero tamén sobre a fauna e a xeoloxía das illas.

 

A erosión do mar e o vento formou unha cova granítica -furna- e terminou por afundir o teito, deixando este burato que, a 40 metros de profundidade, comunica coa entrada da cova no mar. Esta formación recibe o seu nome pola crenza de que constituía unha entrada ao inferno pola que se podían escoitar os berros das almas en pena.

 

En realidade, os berros proviñas das aves mariñas que facían os seus niños no interior da furna. Os acantilados das illas son fogar de miles de aves mariñas, e antigamente aniñaba o arao, un ave cuxas poboacións ibéricas están actualmente extintas. Precisamente foron os araos os que, coas súas voces dende o interior da furna, lle deron o seu infernal nome a este lugar. 

 

Cantís e boca da furna do Buraco do Inferno