PARADA 5: ENSEADA DE FEDORENTOS (Ruta autoguiada Os nomes da illa)

You can change the language at the top right corner. Puedes cambiar el idioma arriba a la derecha. 

Se o prefires, podes descargar o folleto completo da ruta autoguiada en pdf AQUÍ.   

A vida mariña dá olor e nome a esta enseada.
 

Atópaste no Miradoiro de Fedorentos. Este nome derivado de “fedor” dende logo non convida a achegarse ata aquí, pero por que pensas que se chama así?

 

As augas que rodean as illas do Parque Nacional atópanse entre as máis ricas do mundo. Unha parte de toda a vida que medra nos ecosistemas mariños durante a primavera e o verán, cando as condicións son máis favorables, é arrincada despois polos temporais en outono e inverno. A situación exposta cara mar aberto e os ventos do sur da enseada de Fedorentos, xunto coa súa forma, fai que sexa frecuente que arriben a ela inxentes cantidades de algas e outros organismos traídos polas ondas e as correntes. O mal olor que desprenden estas acumulacións é o causante do topónimo deste lugar. 

 

Por unha razón semellante, facendo referencia ás moscas asociadas á materia orgánica en descomposición, a pequena praia que se ve dende aquí na illa de Onza recibe o nome de Praia das Moscas.

 

Descubre máis sobre a riqueza mariña das augas que roden as illas facendo clic aquí.