You can change the language at the top right corner. Puedes cambiar el idioma arriba a la derecha.
Se o prefires, podes descargar o folleto completo da ruta autoguiada en pdf AQUÍ.
A formación das rías deu tamén orixe a esta illa de suave relevo.
Sabes que estás na parte máis externa dos montes que conforman o Salnés, a península entre a ría de Pontevedra e a de Arousa?
Hai miles de anos, o que hoxe é a illa de Ons era un monte na costa. O seu illamento foi debido ao afundimento da costa debido a lentos movementos da codia terrestre, e sobre todo, ao aumento do nivel do mar despois da última glaciación. Así, hai menos de 6000 anos, os vales costeiros inundáronse formando as rías, as cordilleiras costeiras transformáronse en penínsulas entre as rías, e os seus montes máis exteriores, en illas.
A pesar do suave relevo que aparenta ter Ons vista dende a ría, a cota máxima alcanza 119 metros no Faro, existindo outras elevacións que rondan os 100 metros como esta pola que estás subindo, e que recibe precisamente o nome de O Alto.