Fauna terrestre

Corvos mariños CVella 2009

A abundancia de vida mariña das illas sustenta poboacións nidificantes de aves mariñas como as de gaivota patiamarela ou as de corvo mariño cristado, e en menor medida, a de gaivota escura, paíño europeo e a pardela cincenta. Tamén aproveitan estes recursos aves invernantes ou en paso migratorio como o corvo mariño grande, o mascato, a pardela balear, o arao romeiro e o carrán cristado.

En zonas de menor influencia mariña, aparecen aves como o falcón peregrino, a píntega dentro dos anfibios, o escáncer de cinco dedos nos réptis, ou a escasa bolboreta Zerynthia rumina no grupo dos insectos. Os mamíferos son escasos no Parque, ainda que son abundantes os coellos que practicamente non teñen depredadores. A lontra habita e pesca na costa das illas.

Consulta máis información sobre a fauna terrestre do Parque Nacional facendo clic aquí.