Convocatoria de proxectos de investigación

Ons - Zona de snorkel de Melide
Ons - Zona de snorkel de Melide

No Plan Director da Rede de Parques Nacionais (Real Decreto 1080/99 de 26 de novembro) especifícanse as directrices en relación á investigación e seguimento dos recursos e determínase o fomento á investigación dos valores e os procesos naturais dos Parques. Tamén se especifica no Plan director que os resultados da investigación deben de facerse públicos e que se promoverá a súa publicación e a súa trasferencia, por unha banda para a súa utilización na xestión do Parque e por outra para a súa divulgación e interpretación co fin de mellorar a comprensión.

En cumprimento deste mandato, elaborouse, a través dun Comité Científico, o marco conceptual do devandito Programa de Investigación no que se inclúen distintas liñas de actuación entre as que destaca a convocatoria de axudas a proxectos de investigación en materias relacionadas coa Rede de Parques Nacionais.

Mediante esta liña de axudas preténdese promover a investigación de calidade, contribuíndo así de forma eficaz a mellorar o coñecemento científico dos Parques Nacionais, a procura de solucións a problemas técnicos, sociais e económicos e, en definitiva, a mellorar a xestión destes singulares espazos protexidos.

A comunidade científica da contorna ten cada vez máis presente o valor natural e cultural deste territorio galego, polo que os proxectos de investigación no ámbito do Parque alcanzan cada vez máis interese. Neste sentido desenvólvense liñas de investigación que completan este marco e programa particular.