Xa podes apuntarte ás rutas de verán nas Illas

Bo día,

queriamos comentarche que todos os días do verán a partir do 27 de xuño ata a segunda semana de setembro o Parque Nacional ofrecerá rutas en Cíes e Ons, onde podes apuntarte presencialmente ás distintas rutas e distintas temáticas que alí ofrecen os nosos guías. Ademais, a traves de www.reservasparquesnacionales.es podes reservar praza nas rutas que se ofrecen certos días e horas de Cíes e Ons e tamén nas que se realizan en Sálvora e Cortegada en diversas ocasións ao longo dos meses de verán.

Próximas actividades no centro de visitantes-Vigo

 
Bo día,
esta Semana Santa temos programadas actividades no Centro de visitantes do Parque Nacional:
  • "Xogos de natureza en familia": actividade familiar con varios xogos de natureza para todas as idades. Mércores 27 ás 17 h e xoves 28 ás 12 h.
  • "A natureza e historia das illas atlánticas", visita guiada pola exposición do centro de visitantes. Mércores 27 ás 18h e xoves 28 ás 13h.

RUTAS GUIADAS EN SEMANA SANTA

Bo día,

esta Semana Santa, se visitas as illas Cíes ou Ons, podes participar nalgunha das rutas guiadas que oferta o Parque a diario nestas illas. Podes apuntarte directamente nas casetas de información das illas (ata cubrir as plazas). Tamén podes realizar unha reserva previa de praza para algunhas das ruta ofrecidas na páxina web: www.reservasparquesnacionales.es.

Rutas Descubre as Illas Atlánticas

Ola,

Queremos comunicarte que está aberto o prazo para inscribirse no programa de rutas DESCUBRINDO AS ILLAS ATLÁNTICAS que os guías propios do Parque Nacional realizarán nos 4 arquipélagos dende febreiro a abril.

Actividades de Nadal

Boas tardes:

estes días veñen cargadiños de cousas que facer, anímaste a participar?

Actividades de Nadal

Bos días,

queriamos invitarvos a participar nas actividades de Nadal que temos programadas no Centro de Visitantes do Parque Nacional: obradoiro de doces mariños, robótica, xogos, experimentos, adornos....podes escoller!

Máis info e inscricións aquí.

Boas festas!

 

Buenos días,

Desexámosvos Boas Festas

e que o 2024 traia unha boa marea de propósitos para o coidado dos nosos mares.

 

y que el 2024 traiga una buena marea de propósitos para el cuidado de nuestros mares.

postal 2024 Parque Nacional