Bo día,
avisarvos que xa podes apuntarte ás rutas guiadas que este verán ofreceremos en Cíes e Ons todos os os días, e tamén nalgunha das rutas que ofrecemos cada semana en Cortegada en xullo e agosto.
En Cíes e Ons podes apuntarte en persoa acudindo o día que nos visites á nosa caseta de información do Parque nas illas. Pregunta polo menú de rutas que ofrecemos ese día e se hai prazas apúntate á que máis te interese.
As gaivotas patiamarelas son unha especie emblemática do Parque Nacional das Illas Atlánticas. As illas albergan unha das colonias de cría máis importantes desta especie, e estas aves xogan, ademais, un papel fundamental nos ecosistemas do parque.
Rutas guiadas no Parque Nacional das Illas Atlánticas en Semana Santa 2026
Ofertaranse ao redor de 500 prazas para as rutas guiadas en Cíes, Ons, Cortegada
134 poderanse reservar previamente a través das Central de Reservas de Parques Nacionais
Bo día, xa están en marcha as:
X Xornadas de Conservación e Estudo do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Divulgación dos traballos de conservación e protección sobre o patrimonio natural do PNMTIAG
23 e 24 de marzo de 2026
Parque Nacional das Illas Atlánticas, Rúa Oliva 3, 36202 Vigo
Inscricións:
https://rb.gy/clzxxn
Ola! Comezan as novas rutas de primavera co programa do Parque Nacional "Descubrindo as Illas Atlánticas"
+INFO e inscricións en www.reservasparquesnacionales.es
un saúdo
28 de febreiro de 2026 no Salón de actos do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O próximo luns 9 de febreiro ábrese o prazo para a incrición no curso de formación de Guías do Parque Nacional (ata o 19 de febreiro 8:00 a.m.).
https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/formacion-ambiental/formacion-ceneam/curso-guias-2026.html
un saúdo
Dende o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia desexámovos un Bo Nadal
e un mar de boas cousas para o 2026.

Bo día, axuntamos programación de actividades que terán lugar este nadal no Centro de Visitantes do Parque Nacional (Rúa Palma 4, Vigo).
Un saúdo e felices festas
