Novas rutas de "Descubrindo as Illas Atlánticas"

Comezan as rutas de primavera no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

  1. O programa de rutas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional”, do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, actívase un ano máis con 6 novas rutas de temática histórica e ambiental.

  2. En total ofértanse 109 prazas que se poden reservar a través da web www.reservasparquesnacionales.es ou directamente nas oficinas e Centro de Visitantes do Parque Nacional 

  3. A actividade guiada realízana o equipo de guías do Parque Nacional. Os/as participantes unicamente deberán asumir o custe do desprazamento á illa. Os prezos oscilarán entre os 10 e os 20 euros.

O obxectivo deste programa de rutas é achegar ao publico os valores do Parque Nacional nunha época distinta o verán, para coñecer ou descubrir o espazo natural na primavera, cando moitos dos procesos naturais póñense en marcha nas illas.

Este programa, que naceu en febreiro de 2014, ten unha grande demanda no entorno e xa participaron máis de 1.500 persoas a día de hoxe. Facilítase así a visita ás illas fora da tempada de verán, e dun xeito ordenado e sostible da man das propias guías do Parque Nacional.

Este ano organizaranse 6 visitas guiadas entre febreiro, marzo e abril aos 4 arquipélagos do Parque Nacional.

Estas rutas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. Para dar oportunidade de participar ao máximo de persoas posibles, os participantes só se poderán apuntar a unha delas. Habilitarase tamén unha listaxe de agarda, coa que cubrir posibles baixas.

A ruta guiada en si non ten custe xa que a realizan o propio equipo de guías do Parque Nacional. Os participantes unicamente deberan aboar o custe do transporte en barco á illa. Este transporte realízase en distintos tipos de embarcación (catamarán grande, lancha pequena, etc), dependendo do arquipélago a visitar e do número de participantes. O pago deste transporte farase anticipadamente, para evitar os efectos da cancelación de última hora.

As inscricións as rutas xa se poden realizar sendo o último día para anotarse, a cada unha das rutas, catro días antes da realización da mesma. 

A temática das rutas é moi diversa; dende o carácter histórico e botánico da illa de Cortegada con “O segredo dun bosque no medio do mar”, pasando polas rochas de Sálvora coas súas “Esculturas e lendas” e os lugares pouco coñecidos de Ons coa ruta “A Illa e o mar” ata chegar a historia das Cíes a través dunha “Viaxe no tempo. Son rutas deseñadas para público adulto (recomendables para maiores de 12 anos).

A continuación detállanse o calendario, os portos de saída, custe do transporte e o número de prazas das rutas que se ofertan en cada illa:

ILLA

data- horario

Título da ruta

Nºprazas

Precio

porto

Ons

Sábado 15 marzo de 09:45 a 17:45

A Illa e o mar

20

15,50 €

Bueu

Cíes

Xoves 13 febreiro

de 09:45 a 16:45

Unha viaxe no tempo.

20

20 €

Vigo

Sálvora

Domingo 9 de marzo de 09:45 a 15:00 h

Unha illa de esculturas e lendas.

20

20 *€

O Grove

Domingo 23 marzo

de 09:45 a 15:00h

Unha illa de esculturas e lendas.

20

20 *€

O Grove

Cortegada

Sábado 22 de febreiro de 09:45 h a 13:30 h

O segredo dun bosque no mar

15

10 €

Carril

Venres 4 de abril

de 09:45 a 13:30

O segredo dun bosque no mar

12

13,50 €

Vilagarcía

(*) Págase 25€ e logo devolvense 5 o retirar o billete.

De cara a Semana Santa habilitaranse tamén prazas na mesma central de reservas para participar en rutas guiadas en Cíes e Ons. Dúas de estas rutas estarán especificamente deseñadas para familias con menores. Publicitaranse a mediados de marzo. 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:

Cada persoa poderá participar (e inscribirse) NUNHA SOA DAS RUTAS ofrecidas en febreiro, marzo e a do 4 de abril.

O Parque enviará un correo á persoa titular uns días antes da realización da ruta para recordarlle a súa inscrición, confirmar a realización da ruta e darlles os datos de pago do barco contratado.

A actividade guiada na Illa é de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado. O importe aboarase á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.

Para non poñer en risco a realización ou non da visita, e que esta sexa economicamente viable para a navieira contratada, a devolución deste importe anticipado SÓ se fará no caso de que a organización ou a navieira anule a visita. NON SE DEVOLVERÁ no caso de que a propio participante anule fora do prazo establecido ou non apareza a data da visita.

Tanto para RESERVAR como para ANULAR a praza na web poderase facer ata 4 días antes da realización da ruta (ex: se a ruta faise o domingo, o mércores será o último día para reservar ou anular na web).

No caso de non conseguir praza para a ruta desexada pode apuntarse na lista de espera das rutas (seleccionando a data desexada).

Para calquera problema coa reserva chamar á oficina do Parque 886218090 (de luns a venres de 9:00-14:00) ou ao Centro de visitantes 886218082 ( de 10:00 a 14:00 de luns a xoves e tamén de 16:30 a 19:30 o venres e sábado). Tamén se pode enviar un correo a: iatlanticas [at] xunta.gal (iatlanticas[at]xunta[dot]gal)

A Dirección do Parque reservarase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscricións, as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, avisando previamente a todos os participantes.