Esta “Guía de boas prácticas para evitar a chegada de lixo ao mar” realízase enmarcada dentro da “Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños do Parque Nacional MarítimoTerrestre das Illas Atlánticas de Galicia”, un proxecto promovido polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia actuando como socio, a través do programa Preamar do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).