En barco privado pódese facer a visita calquera día do ano pero é preciso contar cos permisos de navegación e fondeo expedidos polo Parque Nacional.
O formulario para solicitar o permiso de navegación pódese descargar aquí e nel aparece indicada tamén a documentación que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumprimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax ás oficinas do Parque Nacional.
Unha vez obtido o permiso de navegación poderá solicitar telemáticamente os permisos de fondeo para aqueles días que desexe fondear nas illas. A web na que tramitar as fondeos é: www.iatlanticas.es