Miradoiro

Punto de interese (PDI)

Miradoiro dende onde poderemos gozar das vistas da cara leste da illa e a costa próxima, e onde están as ruínas dunha antiga fortificación defensiva do s.XIX.

Punto de interese (PDI)

Espectacular miradoiro dende onde divisar a illa de Onza, e, se hai visibilidade, as Cíes ó fondo.

Punto de interese (PDI)

Nesta fermosa enseada poderás desfrutar da beleza e forza do Océano Atlántico.

Punto de interese (PDI)

Mítico espazo onde o mar penetra na terra. Lugar de moitas lendas.

Punto de interese (PDI)

Os illotes que rodean Sálvora son parte das zonas de reserva que acollen a súa gran riqueza biolóxica.

Punto de interese (PDI)

Dende este piñeiral onde se atopan algúns piñeiros mansos que probablemente teñen máis de 100 anos, podemos gozar das vistas sobre as illas Malveiras. A Malveira grande alberga un dos bosquetes costeiros de cerquiño mellor conservados da Península Ibérica.

Punto de interese (PDI)

O observatorio está actualmente pechado ao público.

Poderás observar os cantís onde crían corvos mariños e gaivotas patiamarelas. Podes tamén gozar dunha boa panorámica sobre a costa próxima e máis ao norte verás tamén a illa de Ons.

Punto de interese (PDI)

Dende este punto gozaremos dunha magnífica perspectiva dos cantís da illa do Faro e do forte contraste entre a paisaxe da cara leste, máis resgardada cara o interior da ría, e a da cara oeste, batida continuamente polo océano.

Punto de interese (PDI)

O observatorio está actualmente pechado ao público.

Poderás observar os cantís onde crían corvos mariños e gaivotas patiamarelas. Terás unha boa panorámica dos cantís da illa Norte, e do complexo da praia barreira-lagoa de Rodas

Punto de interese (PDI)

Singular formación xeolóxica, rocha perforada pola erosión dos ventos atlánticos cargados de salitre. Non está permitido subirse a ela.