Faro

Punto de interese (PDI)

No punto máis alto da illa, unha bela construción que domina a paisaxe de Ons. É un dos últimos faros habitados por fareiros. Non é visitable e non se permite o paso polo interior do recinto.

Punto de interese (PDI)

Construído en 1921, tras o naufraxio do vapor Santa Isabel diante do antigo Faro que databa de 1852. Aínda que o recinto está pechado, pódese admirar a construción dende o sendeiro que sae á dereita do portal.

Punto de interese (PDI)

Pequeno faro onde divisar a costa da Vela, tramo costeiro máis próximo da illa.

Punto de interese (PDI)

O Faro de Cíes, situado no punto máis alto visitable. Bo sitio onde contemplar os cantís e o voo das gaivotas que alí crían. Para non alteralas non te achegues nin alimentes as aves.

Punto de interese (PDI)

Dende este pequeno faro na parte baixa do cantil podemos observar a illa de San Martiño e a zona mariña que os separa, unha das canles de entrada das augas océanicas na ría.