PARADA 3: CASTELO DOS MOUROS (Ruta autoguiada Os nomes da illa)

You can change the language at the top right corner. Puedes cambiar el idioma arriba a la derecha. 

Se o prefires, podes descargar o folleto completo da ruta autoguiada en pdf AQUÍ.   

 

Os pobos prehistóricos xa aprenderan a vivir en estreita relación co mar.

 

No monte de forma recortada que podes observar á dereita do camiño sitúanse os restos dun castro da Idade de Bronce que nos ofrece as súas lendas.

 

Podes apreciar dende o camiño a forma do castro e as súas estruturas defensivas. Este é o asentamento máis antigo do que se ten constancia en Ons, e estivo ocupado dende o século IV aC ata o IV dC.

 

A existencia de castros nas illas reflicte como os pobos prehistóricos xa aprenderan a vivir en estreita relación co mar, navegando e obtendo alimentos nas súas augas.

 

Este monte recibe o nome de Castro ou Castelo dos Mouros, e como outros lugares en Galicia que levan engadido “dos Mouros” ou “da Moura”, está asociado a unha lenda. Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais que aparecen en mitos e relatos do norte da Península Ibérica. Aparecen frecuentemente como construtores de estruturas inmemoriais como castros, dólmenes ou mámoas. Neste caso fálase ademais dun túnel subterráneo que o comunica co illote rochoso que podes ver en fronte, preto da praia de Canexol, e que sería o lugar no que a poboación se escondía cando era atacada por piratas ou pobos inimigos.  

O Castro dos Mouros visto dende o camiñoIllote do Cairo, fronte á praia de Canexol, comunicado co castro por un túnel, segundo conta a lenda.     

O Castelo dos Mouros visto dende o camiño e o illote do Cairo, comunicado co castro por un túnel, segundo conta a lenda.