PARADA 2: BARRIO DO CURRO (Ruta autoguiada Os nomes da illa)

You can change the language at the top right corner. Puedes cambiar el idioma arriba a la derecha. 

Se o prefires, podes descargar o folleto completo da ruta autoguiada en pdf AQUÍ.   

 

Este barrio construíuno o estado nos anos 60 para modernizar e mellorar as condicións de vida da poboación da illa.

 

Pola cara leste de Ons espállanse máis de 90 casas, herdanza de mediados do século XX, cando 500 persoas tiñan o seu fogar aquí. Igual que nas cidades, as casas agrúpanse en barrios.

 

As edificacións que se atopan nesta costa pola que acabas de subir foron construídas nos anos 60 polo Instituto Nacional de Colonización para dotar de infraestruturas a esta poboación que sempre careceu de servizos básicos coma a asistencia médica. 

 

Por iso construíronse aquí escolas, igrexa, casas para o mestre, o cura e o médico (que nunca foi usada), un silo comunal e un cerrado para xuntar o gando. Xa anteriormente no tempo posiblemente existiría nesta zona da illa un recinto pechado para o gando (Cabeza Quiles, Aunios 23, 2018), polo que este lugar, e por extensión todo o barrio, recibe o nome que teñen estas estruturas en Galicia: O Curro.

 

Hoxe en día, a poboación residente durante todo o ano na illa é de menos de 10 persoas.