Guía dos liques do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Guía visual e divulgativa das especies de liques dos catro arquipélagos do Parque Nacional das illas Atlánticas de Galicia.

"As autoras desta guía, as doutoras Josefina Álvarez Andrés e Mº José Sánchez-Biezma Serrano, son dúas prestixiosas especialistas en liquenoloxía, materia na que realizaron as súas teses de doutoramento. Ambas teñen moitas publicacións sobre liques en revistas científicas de prestixio, tanto españolas como estranxeiras, nas que se evidencia un amplo coñecemento sobre a flora liquénica, especialmente a de Galicia. A súa experiencia como docentes e divulgadoras é sen dúbida un aval para esta guía, que é verdadeiramente un rigoroso compendio da flora liquénica do Parque e unha excelente introdución ao coñecemento de organismos tan peculiares como os liques".  (Extractado do prólogo da guía feito porla Doutora Mª Regina Carballal).
 
Autor
Josefina Alvarez Andrés & María José Sanchez-Biezma Serrano