Visita as illas

Camping Cíes

Para acceder ao Parque recoméndase planificar a visita con suficiente antelación xa que as illas teñen un límite máximo de visitantes diarios.

Visitar  Cíes ou Ons

Para visitar Cíes e Ons, en tempada alta (Semana Santa e do 15 maio-15 setembro), o propio visitante debe obter a autorización previa da Xunta de Galicia para poder adquirir posteriormente o billete da navieira. Solicite a súa autorización aquí.

para visitar cíes ou ons en tempada baixa farase a través de grupos con guía, procedendo de igual xeito que para visitar Sálvora ou Cortegada.

Visitar Sálvora ou Cortegada

No caso de Sálvora e Cortegada (e Cíes e Ons en tempada baixa) é a propia navieira quen tramita a autorización para a visita dos grupos. Consulte a información sobre os portos de saída para cada arquipélago e as navieiras autorizadas no apartado de visita da illa escollida.
 
Recoméndase visitar o Centro de Visitantes do Parque Nacional para ter unha información previa máis detallada e poder planificar mellor a visita.