Título do curso: Deseño de actividades teatrais en Espazos Naturais: Ferramentas, aptitudes e técnicas.
Datas e lugar de celebración: Sábado 22 e domingo 23 de marzo de 2025. Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Duración e horario : 16 horas. As dúas xornadas de 10 h a 14 h e 16 h a 20 h.
Modalidade: Presencial
Dirixido a: Educadores ambientais, guías ambientais, turísticos e profesionais interesados na interpretación do patrimonio natural e cultural.
Número de prazas: 25
Obxectivos
-
Desenvolver habilidades para deseñar rutas teatralizadas e outras actividades en espazos naturais.
-
Aprender técnicas de interpretación do patrimonio natural e cultural.
-
Potenciar a creatividade no uso de recursos teatrais aplicados ao turismo sostible.
-
Fomentar a posta en valor do medio natural a través de experiencias inmersivas.
-
Fomentar a creatividade e a imaxinación para a elección de temática, personaxes e historias.
-
Empregar recursos didácticos para a realización de actividades teatralizadas no medio natural.
-
Crear unha historia e representala en público traballando en grupo.
Programa do Curso
Sesión 1: Introdución ao deseño de actividades teatralizadas
-
Definición e beneficios das rutas teatralizadas.
-
Tipos de rutas: histórica, cultural, infantil, educativa.
Sesión 2: Ferramentas e recursos necesarios
-
Identificación e selección de espazos naturais axeitados.
-
Uso de vestiario e atrezo: ideas creativas e sostibles.
-
Recursos narrativos: creación de guións atractivos e dinámicos.
Sesión 3: Aptitudes e técnicas interpretativas
-
Técnicas básicas de interpretación teatral.
-
Comunicación co público: adaptación a diferentes idades e perfís.
-
Exercicios prácticos de improvisación e expresión corporal.
Sesión 4: Deseño e planificación da ruta
-
Elaboración do itinerario: criterios de accesibilidade e seguridade.
-
Integración de elementos naturais e culturais na narrativa.
-
Ensaios e retroalimentación grupal.
Sesión 5: Posta en valor do medio natural e cultural
-
Estratexias para transmitir mensaxes de conservación e respecto ambiental.
-
Avaliación do impacto da ruta teatralizada nos visitantes.
-
Presentación dos proxectos finais deseñados polos participantes.
Metodoloxía: Aprendizaxe experiencial a través de obradoiros prácticos, dinámicas grupais e simulacións reais en contornas naturais.
Certificación: As persoas participantes recibirán un certificado de aproveitamento do curso.
Sistema de inscrición: Ligazón de acceso ao formulario de inscrición:
https://illasatlanticas.gal/gl/actividades-e-participacion/cursos
As prazas cubriranse por orde de inscrición ata cubrir prazas dispoñibles.