Curso ACTIVIDADES TEATRAIS EN ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS

Título do curso: Deseño de actividades teatrais en Espazos Naturais: Ferramentas, aptitudes e técnicas.

Datas e lugar de celebración: Sábado 22 e domingo 23 de marzo de 2025. Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Duración e horario : 16 horas. As dúas xornadas de 10 h a 14 h e 16 h a 20 h.

Modalidade: Presencial

Dirixido a: Educadores ambientais, guías ambientais, turísticos e profesionais interesados na interpretación do patrimonio natural e cultural.

Número de prazas: 25

Obxectivos

  1. Desenvolver habilidades para deseñar rutas teatralizadas e outras actividades en espazos naturais. 

  2. Aprender técnicas de interpretación do patrimonio natural e cultural. 

  3. Potenciar a creatividade no uso de recursos teatrais aplicados ao turismo sostible. 

  4. Fomentar a posta en valor do medio natural a través de experiencias inmersivas. 

  5. Fomentar a creatividade e a imaxinación para a elección de temática, personaxes e historias. 

  6. Empregar recursos didácticos para a realización de actividades teatralizadas no medio natural. 

  7. Crear unha historia e representala en público traballando en grupo. 

Programa do Curso

Sesión 1: Introdución ao deseño de actividades teatralizadas

  • Definición e beneficios das rutas teatralizadas. 

  • Tipos de rutas: histórica, cultural, infantil, educativa. 

Sesión 2: Ferramentas e recursos necesarios

  • Identificación e selección de espazos naturais axeitados. 

  • Uso de vestiario e atrezo: ideas creativas e sostibles. 

  • Recursos narrativos: creación de guións atractivos e dinámicos. 

Sesión 3: Aptitudes e técnicas interpretativas

  • Técnicas básicas de interpretación teatral. 

  • Comunicación co público: adaptación a diferentes idades e perfís. 

  • Exercicios prácticos de improvisación e expresión corporal. 

Sesión 4: Deseño e planificación da ruta

  • Elaboración do itinerario: criterios de accesibilidade e seguridade. 

  • Integración de elementos naturais e culturais na narrativa. 

  • Ensaios e retroalimentación grupal. 

Sesión 5: Posta en valor do medio natural e cultural

  • Estratexias para transmitir mensaxes de conservación e respecto ambiental. 

  • Avaliación do impacto da ruta teatralizada nos visitantes. 

  • Presentación dos proxectos finais deseñados polos participantes. 

Metodoloxía: Aprendizaxe experiencial a través de obradoiros prácticos, dinámicas grupais e simulacións reais en contornas naturais.

Certificación: As persoas participantes recibirán un certificado de aproveitamento do curso.

Sistema de inscrición: Ligazón de acceso ao formulario de inscrición:

https://illasatlanticas.gal/gl/actividades-e-participacion/cursos

 

As prazas cubriranse por orde de inscrición ata cubrir prazas dispoñibles.