Asiste a un dos nosos cursos

O programa de formación do Parque Nacional organiza varios cursos ou eventos para difundir o coñecemento do Parque Nacional nos diferentes sectores como xornalistas, turoperadores, Garda Civil, acreditación de guías, investigadores, etc.

As actividades formativas que se realizan periodicamente son: 

  • Curso de acreditación de guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas. 70 horas

    Para aqueles profesionais autónomos/as ou traballadores/as de empresas, que desenvolvan a súa actividade como guía intérprete nos diferentes Parques Nacionais. O obxectivo principal desta actividade formativa é dar a coñecer aos participantes as funcións e habilidades necesarias para guiar a persoas e grupos nos Parques. Data fase on-line: Do 8 abril ao 11 xuño de 2026. Fase práctica: do 5 ao 8 de outubro.

    +info AQUÍ.

  • X Xornadas de Conservación e Estudo do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia 
    Divulgación dos traballos de conservación e protección sobre o patrimonio natural do PNMTIAG
    23 e 24 de marzo de 2026
    Parque Nacional das Illas Atlánticas, Rúa Oliva 3, 36202 Vigo
    Inscricións:
    https://rb.gy/clzxxn

    Más información: iatlanticas [at] xunta.gal (iatlanticas[at]xunta[dot]gal) / 886 218 090

    PROGRAMA DAS XORNADAS
    Luns, 23 de marzo
    10:30 Recepción e entrega da documentación.
    11:00 Presentación das Xornadas. Representante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
    11:20 Os desprazamentos das gaivotas patiamarelas nidificantes no PN das Illas Atlánticas. Ignacio Munilla, TRAGSA
    11:40  O bolo: dinámica de poboacións e distribución espacial dunha especie chave na rede trófica do PN das Illas Atlánticas. Xosé Manuel Parada, Biólogo.

    12:00 Telemetría acústica e ecoloxía espacial de peixes costeiros e elasmobranquios: seguimento para a conservación nunha área mariña protexida. Alexandre Alonso, Instituto de Investigacións Mariñas, IIM-CSIC
     

    12:20 Descanso – Café


    12:40 Vixilancia do clima insular: a rede de estacións de MeteoGalicia como ferramenta para o seguimento a longo prazo do cambio climático no Parque Nacional. Santiago Salsón, MeteoGalicia
    13:10 A orixe xenética dos coellos das Illas Atlánticas. Vicente Piorno, PN das Illas Atlánticas
    13:30 Detección e resposta rápida ante incursións de visón americano: integración do fototrampeo na xestión de invasións biolóxicas no Parque Nacional. Xosé Pardavila, SOREX
    13:50 Seguemento e estado das poboacións de rata negra (Rattus rattus) e rata parda (Rattus norvegicus) no PNMTIAG. Asier Rodríguez, ENEBADA
     

    14:15 Pausa para comida.

    15:45 Propagación en laboratorio e reintrodución no medio de Laminaria. Rodolfo Barreiro, Universidade da Coruña.
    16:05 Proxecto CABALGA no Parque Nacional das Illas Atlánticas: recuperación de comunidades de gorgonias en Sálvora mediante colaboración entre ciencia, pesca artesanal e sector social. AMICOS e José Antonio Fernández Bouzas, PN das Illas Atlánticas

    16:25 Expansión de Rugulopteryx okamurae nas Rías Baixas: detección, seguimento e avaliación do risco para os ecosistemas sublitorais do Parque Nacional. Pilar Díaz, CRETUS, Universidade de Santiago de Compostela
    16:45 ATLANTILUS: vídeo autónomo e sensorización intelixente para a monitorización remota de fauna, flora e parámetros ambientais no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Xurxo Cegarra, INSATI
     

    Martes, 24 de marzo
    9:30 Diversidade liquénica no litoral das Illas Atlánticas: presentación da guía de identificación de líquenes costeiros do Parque Nacional. Equipo técnico, PN das Illas Atlánticas
    9:50 Produción en viveiro de Corema album con material vexetal do Parque Nacional: produción de planta para a restauración de ecosistemas dunares nas Illas Atlánticas. Pedro Pablo Gallego, Universidade de Vigo
    10:10 A saúde das árbores das Illas Atlánticas: resultados a longo prazo da Rede de Seguimento Fitosanitario no Parque Nacional. Raquel Blanco, OAPN

    10:30 Descanso – Café
    11:00 Proxecto LIFE GLOBAL no Parque Nacional das Illas Atlánticas: estratexia transnacional para a restauración de hábitats de alto valor en áreas Rede Natura 2000 fronte ao cambio global. Pablo Ramil Rego, IBADER
    11:30 LIFE INSULAR: situación actual e futuro. Equipo técnico, PN das Illas Atlánticas
    11:50 Arqueoloxía nas Hortas: os antigos poboadores das Cíes. Patricia Valle e Nerea Ruanova, Universidade de Vigo
     

     

  • Formación para profesionais do sector turístico sobre a contorna PNMTIAG. 
  • Curso de formación para profesionais dos medios sobre os activos e xestión de PNMTIAG.
  • "Dominio público mariño-terrestre nos parques nacionais", para persoal da Garda Civil. 

     

 

Cando se abran as convocatorias irase ampliando a información asociada.

 

 

Pequeno