Ruta sur

Arquipélago

Distancia: 6,2 km
Duración: 2h 30min (ruta circular)
Desnivel: 86 m
Ruta moi completa que percorre toda a metade sur da illa; dende as suaves praias que miran cara á ría, como Area dos Cans ou Canexol, ata os abruptos acantilados da cara oeste. Gozarás das vistas dende o miradoiro de Fedorentos, con Onza e as Illas Cíes ao fondo, e do mítico Buraco do Inferno modelado pola forza do Atlántico.